SANA UNA SANAMOS TODOS

Lúa chea do 26 de setembro

A próxima lúa chea do 26 de setembro iluminará a presentación do poemario In Uterum de Ana Belén Gómez en Seixón, Friol, Lugo

Convidámosvos a achegaros pra compartir unha tarde de sábado inspirada, perfomática e liberadora na que honrar os úteros portais da vida que nos trouxeron a este presente y a liberdade dos que chegarán

Ana canta as ancestras, a vida, a dor, a forza da transmutación cos seus poemas, os músicos nos levarán a alegría e a festa, e unha servidora abrirá o campo á sanación coa meditación do Útero Libre, pra elas e eles

Sana Una Sanamos Todos